Galicia ante a emerxencia do acoso e o Bullying escolar e universitario :
Cando o silencio pode custar unha vida
Asociacións e familias afectadas denuncian a falta de aplicación efectiva
dos protocolos de prevención
Lugo, 2 de maio de 2025
O acoso escolar segue a ser unha realidade devastadora para moitos menores galegos.
A miúdo silenciado, convértese nunha espiral de sufrimento que pode desembocar no
suicidio de rapaces que non atopan saída nin se atreven a pedir axuda.
En Galicia existen protocolos oficiais para previr e tratar o acoso escolar e o risco
suicida en menores. Porén, desde distintas asociación e familias afectadas alértase da
falta de aplicación efectiva destes procedementos, e do alto custo emocional que isto
implica.
Segundo o Protocolo Educativo para a Prevención, Detección e Tratamento do Acoso
Escolar e Ciberacoso da Xunta de Galicia, ante calquera sospeita de acoso, o centro
debe actuar con rapidez e coherencia. O protocolo establece catro fases:
identificación, recollida de información, análise e seguemento. Pero, moitas veces,
estas medidas actívanse tarde ou de forma incompleta. Por outra banda, a aplicación
do mesmo recae sobre o persoal docente, xa sobrecargado de responsabilidades, que
non ten nin o tempo nin a formación adecuada para facelo. Os docentes deberían
disponer de recursos humanos (profesionais) aos que poder acudir ante calquera caso
ou sospeita de acoso escolar.
“Un menor acosado que non se sinte escoitado é un menor en risco”, alertan desde a
Asociación Stop Suicidio Galicia, que tamén cuestiona o compromiso real dalgunhas
institucións, alén dos anuncios públicos.
Paralelamente, a Consellería de Sanidade implatou o programa “Agarimo”, un rexistro
específico para casos de risco suicida no entorno escolar. A través deste sistema,
profesionais da súde mental poden emitir recomendación de actuación urxente para
os centros educativos. Malia isto, a prevención efectiva segue dependiendo, en grande
medida, da implicación directa dos equipos docentes, familias e persoal non docente.
Illamento, insultos, amenazas: sinais que non se poden ignorar
O acoso escolar non sempre é visible. Ademais das agresións físicas ou verbais, hai
formas máis silenciosas pero igualmente danosas: a exclusión social, as amenazas
sutís, os roubos, a presión psicolóxica… Todo isto vai minando a autoestima das
vítimas, xerando unha sensación de soidade extrema.
A Fundación Española para la Prevención del Suicidio lembra que moitos casos de
suicidio en menores teñen unha orixe clara: acoso prolongado e ausencia de resposta
eficaz por parte da contorna.
Recursos dispoñibles… se se utilizan
Galicia conta con ferramentas para actuar: desde o test TEBAE para detectar niveles de
acoso, ata gabinetes de orientación, sevizos sociais ou axentes titores. Ademais,
entidades como a Asociación Española para a Prevención del Acoso Escolar ofrecen
formación e asesoramento.
Pero de pouco serven se non se activan a tempo. A actuación inmediata ante calquera
indicio pode marcar a diferenza entre unha vida salvada ou unha traxedia.
Apoio e escoita: claves para saír do túnel
Desde Stop Suicidio Galicia lembran que calquera menor pode acceder ao apoio
emocional inmediato que prestan. “O importante é que saiban que non están sós. E
que os adultos temos a responsabilidade de non fallarlles.” A organización ofrece
apoio teléfonico e presencial, grazas a unha rede de voluntarios preparados para
escoitar, acompañar e actuar. “Non podemos permitirnos perder máis vidas por mirar
cara a outro lado”, conclúen.
Para máis información non dúbiden en contactar con a asociación nos canles oficiais:
©Dereitos de autor sobre todos os contidos de esta páxina. Queda totalmente prohibida a súa difusión parcial ou total sen consentemento previo. Para solicitar ditos permisos pode contactar no mail: asociacion@stopsuicidiogalicia.org
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.