Durante moitos anos ensináronnos que falar do suicidio non era bo de feito hoxe en día aínda o pensamos. Algo totalmente erróneo. Incluso as persoas que estudaban e cursaban estudios como periodismo e se adicaban a os medios de comunicación faláballes do "efecto Wélter" máis coñecido comunmente como o "efecto chamada" non foi ata o ano 2003 que se demostrou cientificamente do "Efecto Papéxeno". De seguro que agora mesmo estás a pensar como milleiros de persoas, que é o "Efecto papéxeno" pois é algo que se demostrou que falar do suicidio axuda a previlo pero, con precaución, sobre todo evitando a demagoxia. Sempre podemos e debemos falar do suicidio de unha maneira preventiva tanto na nosa contorna social, laboral, familiar,.. É facelo da maneira máis natural posíbel. Pero cando un caso sae na prensa, é coñecido porque houbo un caso próximo a nosa rúa, barrio, parroquia,etc. Evitar por completo falar das técnicas nas que se levou a cabo tan lamentable acto.
Dende asociación Stop Suicidio Galicia, nesta páxina web así como nas nosas redes sociais avogamos por dar una información veraz e totalmente contrastada e comprendemos que non e fácil falar de algo que foi un completo estigma durante o longo das nosas vidas. Por iso, ofrecemos charlas informativas de balde que incluso facemos tanto para centros escolares de calquera índole de idade sempre adaptados, tamén para asociacións de veciñanzas, parroquias, anpas, ... e na páxina web en concreto centrámonos en dar información en que o suicido é algo multifactorial, que non entende de idades, clases sociais, nin de calquer outro distintivo, pero si hai factores que poden ser de alto risco que atoparan no despregable de esta mesma sección de igual maneira que ofrecemos unha sección de mitos e verdades sobre o suicidio.
Ante calquera dúbida, solicitude de charla divulgativa e de prevención, trípticos ou carteis informativos que desexen solicitar de maneira totalmente gratuíta poden dirixirse os canles oficiais da asociación que recordamos que son:
asociacion@stopuicidiogalicia.org o teléfono 24h de escoita e apoio (non urxencias) 624600752 ou de maneira presencial baixo cita previa na oficina física que polo momento temos só en Lugo en Rúa Rio Ulla, número 37 Baixo, Esquerda.
©Dereitos de autor sobre todos os contidos de esta páxina. Queda totalmente prohibida a súa difusión parcial ou total sen consentemento previo. Para solicitar ditos permisos pode contactar no mail: asociacion@stopsuicidiogalicia.org
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.